O CONSELLO

O Consello Superior de Colexios Oficiais de Titulados e Empresariais é unha corporación de dereito público, con personalidade xurídica e plena capacidade de obrar, que foi creada por Decreto de 15 de decembro de 1942 e une a tólo-los Colexios Oficiais de Titulados Mercantís e Empresariais -que son 45 na actualidade-, varios deles con máis de cen anos de antigüidade, que incluen a máis de 28.000 colexiados. A súa función é, entre outras, representar á profesión e coordinar ós Colexios que o integran, sen prexuízo das competencias propias de cada un deles recoñecidas na Lei sobre Colexios Profesionais.

OS TITULADOS MERCANTÍS E EMPRESARIAIS

Os Titulados Mercantís, cuia existencia remóntase a máis de siglo e medio, son aqueles profesionais expertos en microeconomía que desenrolan, en relación coa economía da empresa, as función establecidas na Clasificación Internacional Uniforme de Ocupacións da Oficina Internacional de Traballo (O.I.T.) para o Contador e Administrador: asesoramento fiscal e contable, organización e administración de empresas, auditorías de contas e temas concursales (suspensións de pagos e crebas), funcións que foron recollidas no R.D. 871/1977, de 26 de abril, que aprobou o Estatuto Profesional de Economistas e de Profesores e Peritos Mercantis.

En España hai preto de 175.000 titulados mercantís entre peritos mercantís, profesores mercantís, intendentes e actuarios, ós que hai que engadir os titulados en ciencias empresariais e as novas titulacións en dirección e administración de empresas.

Existen dous grandes grupos de Titulados Mercantís. O primeiro é o dos profesionais exercentes, dados de alta no I.A.E., que desenrolan libremente a súa actividade conforme as funcións que lles son propias segundo o estatuto profesional. O segundo é o dos profesionais non exercentes, formado por titulados que desempeñan a súa actividade nas empresas privadas, por funcionarios e por profesores e catedráticos universitarios.

BENVIDA

(Benvida do Presidente, Lorenzo Lara Lara, á web do Consello Superior de Colexios Oficiais de Titulados Mercantís e Empresariais)

Queridos compañeiros/as:

Como presidente do Consello Superior de Colexos Oficiais de Titulados Mercantís e Empresariais quero darvos a benvida a páxina Web.

A ninguén se nos escapa a importancia que están adquirindo as novas tecnoloxías e a súa aplicación no noso traballo diario. Creo que é fundamental desenrolar os novos medios de comunicación, coma no que agora nos atopamos.

É desexo de todos dar a coñecer o Consello, non só a nivel nacional, senón tamén internacional por un lado e, por outro, facilitar na medida do posible a labor diaria dos colexiados, para o que a Web do Consello Superior irá reactualizando periódicamente os seus contidos, proporcionando formación continuada, facilitando o acceso a outros portais e páxinas de transcendencia para a nosa información, formación e consulta, etc.

Estes son obxectivos que serán doados de alcanzar se contamos con todos vós para vitalizar este "o noso" proxecto; e cando digo "o noso" refirome a todos e cada un dos colexiados que integramos o colectivo. Conto coas vosas aportacións en canto a contidos, suxerencias e ideas se refire. De igual forma, que vosoutros contaís comigo e con tódolos órganos do Consello para proporcionarnos axuda, información e formación en todo o concerninte a nosa profesión.

Estou seguro que as expectativas que depositamos nesta páxina Web veránse compensadas coa vosa participación e visitas á páxina. Podo asegurarvos que vou poñer todo o meu empeño para acadar a culminación de tódolos obxectivos marcados e espero que saivades valorar o esforzo que, entre todos, estamos a realizar. Desexo que vos guste a páxina e, sobor de todo, que vos sirva de axuda no desenrolo da vosa labor cotiá.

OS REXISTROS DO CONSELLO SUPERIOR

O Rexistro Xeral de Auditores (REXA), o Rexistro Xeral de Asesores Fiscales (REXAF) e o Rexistro de Expertos Contables-Xudiciais ( RECX) son as Seccións do Consello Superior que integran a todos os profesionais neles inscritos que desenrolan a súa actividade nos campos da auditoría, o asesoramento fiscal e como colaboradores da Administración Xudicial, respectivamente.

O Rexistro Xeral de Auditores (REXA) integra a todos os auditores e sociedades de auditoría inscritos no mesmo. O REXA representa a maior parte das PEMES de auditoría e auditores individuais de España. Na actualidade, 1.900 persoas físicas e 180 sociedades están inscritas no REXA.

O Rexistro Xeral de Asesores Fiscais (REXAF) integra a tódolos asesores fiscais e sociedades da asesoría fiscal inscritos no mesmo. Neste momento, uns 3.000 asesores fiscais e numerosas sociedades de asesoramento fiscal están inscritas no REXAF.

O Rexistro de Expertos Contables-Xudiciais (RECX) integra os titulados mercantís e empresariais que desenrolan a súa actividade profesional como colaboradores da Administración de Xusticia. O Rexistro de Expertos Contables Xudiciais -o primeiro existente en España destas características- creouse oficialmente polo Consello Superior de Titulados Mercantís e Empresariais en novembro do ano 2000 e cerca de mil expertos xa forman parte del.

REXISTRO XERAL DE AUDITORES (REXA)

O Consello Superior representa, perante o seu Rexistro Xeral de Auditores (REXA), a maior parte das pimes de auditoría e auditores individuais de España. Na actualidade, 1.900 persoas físicas e 180 sociedades están inscritas no REXA, que facturan anualmente preto de 36 millóns de euros e dos que dependen 4.200 postos de traballo indirectos.

O REXA é unha sección do Consello Superior que integra a tódolos auditores e sociedades de auditoría inscritos no mesmo. Entre as súas funcións destacan: a realización dos exames de aptitude que permiten o acceso o Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC), o desenrolo dos programas de formación continuada, a execución de controles de calidade sobre a actividade profesional desenrolada polos seus membros e a iniciación de expedientes informativos e sancionadores dos seus membros, propoñendo ó ICAC a iniciación dos procedementos correspondentes.

Para acceder ó REXA, débense cumprir os seguintes requisitos establecidos na Ley de Auditoría de Cuentas 19/1988, de 12 de xullo, e no seu Regulamento de decembro de 1990:

1º Aprobar o exame de acceso.
2º Acreditar a inclusión no ROAC, onde lle asignarán o número de auditor.

Unha vez cumpridos estes requisitos, tódolos seus membros están obrigados a actuar con objetividade, aplicando en tódolos seus traballos as normas técnicas que emita el ICAC e as recomendacións do REXA.

REXISTRO XERAL DE ASESORES FISCAIS (REXAF)

O Rexistro Xeral de Asesores Fiscais (REXAF) é un órgano do Consello Superior que integra a todolos asesores fiscais e sociedades de asesoría fiscal inscritos no mesmo. Na actualidade, uns 3.000 asesores fiscais e numerosas sociedades de asesoramento fiscal están inscritas no REXAF.

O Rexistro Xeral de Asesores Fiscais crease por acordo do Pleno do Consello Superior de Colexios Oficiais de Titulados Mercantís e Empresariais de España en 1985, e o seu obxectivo principal é -ademáis de proporcionar os seus membros aqueles servizos que demanden- lograr colaboración, adaptación e revisión das normas técnicas de asesoría fiscal e a organización de programas de actualización, así como procurar a formación permanente dos seus membros.

De acordo co seu Regulamento, aprobado en 1986 e reformado en 1992, poderanse inscribir no REXAF aqueles colexiados no exercicio profesional nos que concurran unha serie de circunstancias establecidas no seu Regulamento como, por exemplo, a acreditación dunha experiencia mínima de dous anos o ter superados os cursos de formación do Consello Superior, ademáis da presentación dunha fianza, aval ou garantía dun mínimo de 150.253,03 euros, para o que se poderá establecer unha póliza de seguro de responsabilidade civil.

A función principal dos integrantes do REXAF, é entre outras, o asesoramento a persoas físicas e xurídicas sobre os seus dereitos e deberes tributarios, respondendo fronte a elas e fronte a terceiros polos danos e prexuizos que se deriven do incumplimento das súas obrigas, someténdose en todo momento ás normas de ética profesional da Corporación.

Ainda que a historia do Rexistro é relativamente recente, a súa actividade foi de crecente intensidade e é a partir de 1996 cando se produce a eclosión do Rexistro, principiándose unha serie de publicacións e actos que levan o seu nome a tódolos rincóns da xeografía española. En 1997 prodúcese un feito transcendental: a creación do Gabinete de Estudios. Por acordo da propia Comisión Nacional (un dos seus organismos básicos), dito gabinete convírtese no órgano executivo do Rexistro, co cal dótase a éste de maior funcionalidade e axilidade na toma de decisións. Froito deste acordo é a publicación dunha revista con carácter periódico así como de libros (en papel, en formato CD e tamén en Internet) e o establecemento con carácter permanente dun servicio de consultas aberto a tódolos integrantes do Rexistro, o que, dende a súa implantación, tuvo máis de 2.100 consultas. Mención especial merecen as Xornadas de Estudio celebradas anualmente para tódolos seus membros en Madrid, Barcelona e Sevilla, e ocasionalmente noutras cidades como Valencia, Zaragoza, A Coruña, Valladolid, Salamanca, etc. Ademáis o REXAF pertence o grupo de traballo de colexios profesionais do Consello de Defensa do Contribuínte dende a súa creación, e a vez é consultado polo Ministerio de Facenda cada vez que se prepara unha nova normativa tributaria.

REXISTRO DE EXPERTOS CONTABLES-XUDICIAIS (RECX)

É o Rexistro dos expertos contables-xudiciais titulados mercantís e empresariais que desenrolan esta actividade profesional de acordo cos seus estatutos profesionais como colaboradores da Administración de Xustiza, tanto nos procesos concursales -na súa condición de integrantes da Administración Concursal- como cando se designen peritos que deban dictaminar sobre de materias económicas, financieras, administrativas ou contables das empresas.

O Rexistro ocuparase de alaborar as normas técnicas de actuación, de proporcionar formación permanente os seus membros e de atender tódolos aspectos de apoyo e control colegial relacionados coa actividad profesional de experto contable xudicial.

Outras das funcións do Rexistro son impulsar a investigación, o estudio e a organización de actividades docentes e académicas relacionadas coa especialización en materia de contabilidade, auditoría, dereito concursal, dereito mercantil e dereito financieiro tributario.

O Rexistro de Expertos Contables Xudiciais -o primeiro existente en España de estas características- creouse oficialmente polo Consello Superior de Titulados Mercantís e Empresariais en novembro do ano 2000 e cerca de mil expertos xa forman parte del.

Para ser membro do Rexistro é necesario ser titulado mercantil e empresarial colexiado, acreditar un exercicio profesional de polo menos dous anos e ter feitas prácticas en temas contables xudiciais ou figurar nos turnos de actuación correspondentes.

O 17 de abril de 2001 o Consello Superior de Titulados Mercantís e Empresariais e o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) firmaron un convenio marco de colaboración.

Gracias a firma deste convenio, o Rexistro de Expertos Contables-Xudiciais do Consello Superior de Titulados Mercantís e Empresariais colabora co Consello Xeral do Poder Xudicial para intercambiar coñecementos en materia de contabilidad e auditoría (mediante reunións periódicas e participando na organización de cursos, seminarios,etc.).